21/04/16

VideoPlayback Abelendo


É difícil pero posible... As veces podes traballar un sen fin de contidos nunha soa actividade!!  Sirva coma exemplo este "Videoplayback" realizado nos exteriores do colexio. Con el traballamos as estrofas, os versos, os sentimentos, a dramatización, a comunicación non verbal, a xesticular, a percepción espacio-temporal... e nos vai a servir de introdución ao mundo da dobraxe. Pero isto non é o importante. O fundamental é que o pasaron xenial e disfrutaron sendo actores!! Todos merecen un Oscar!!!
A canción escoiteina por primeira vez hai tres semanas unha mañá indo para Abelendo. Dende entón, sempre que a escoito acórdome da clase de 4º, por iso a elexín e a todos nos pareceu xenial !!! Ao fin e o cabo, Abelendo, para min, é a clase de cuarto...
Alucinade!!!!


02/04/16

Abrapalabra!!!

Inventamos palabras novas a partir doutras. Un mini diccionario ilustrado e con audio dos propios protagonistas!! Diccionario que van poder disfrutar todo os alumnos do colexio pois o seu próximo destino é a biblioteca!!



30/03/16

Curiosidades. Parte I

As veces xurden estas cousas cando cambiamos de asignatura ou faltan un par de minutos para o recreo ou para sair... Quen diga que a música non é un medio para motivar, entre outras moitas cousas, está totalmente equivocad@!!







Día de Rosalía

Pois iso... que para celebrar o día da nosa autora máis internacional, decidimos homenaxeala con estas dúas poesías. O resultado é espectacular!!! As poesías recitadas nas voces dos nenos e nenas adquiren un matíz moito máis elevado ao recitado convencional, do adulto. Espero que non sexan as últimas!!! 
A disfrutar dos vosos video-poemas!!!



Rosalía Pequeniña


Cantan os galos pró día

29/03/16

Tráiler Excursión Á Coruña

Sin pensalo e coas fotos e videos que fomos facendo durante a excursión, xurdiu a idea de facer un tráiler... e por que non? Gústanme as excursións porque coñeces a cara máis divertida dos alumnos... Un día con eles xa é pouco tempo ao seu carón...



Nadal en Abelendo

Concerto que fixemos para o Nadal interpretando unha cantiga de Berrogüetto titulada "Nadal de Luintra". Disfrutádea!!!


07/01/16

UN SAMAÍN DE MEDO!

Dramatización da canción de Halloween traballada en inglés
Que ben saiu!!!

Preme no seguinte enlace...


05/01/16

CHORANDO A PARÍS



Un pequeno homenaxe que quixemos adicar as víctimas dos atentados de París. París Vive!!